CRTVG

Buscar

A igrexa da Santísima Trindade de Ourense sufrirá unha intensa restauración

Publicado o 15/05/2019 16:40

Proximamente arrancarán as obras. A igrexa da Santísima Trindade, situada na zona vella de Ourense, datada no século XII sufrirá nos vindeiros meses unha intensa restauración. Con ela preténdense eliminar os problemas estruturais e de conservación que padece.

Trátase de toda unha xoia da arte sacra e está entre as máis antigas do concello. Os traballos afectaranlle a fachada, a cuberta, os muros, a bóveda e o interior do edificio, ao tempo que se tratarán de solventar os problemas de degradación da pedra. 

A igrexa da Trindade está protexida polo seu valor cultural. Os traballos realizaranse a través da Dirección Xeral de Patrimonio. 

 

 

 

 

Noticias web

15/05/2019