CRTVG

Buscar

A hostalaría amplía os horarios pero segue vixiando a ocupación

Publicado o 08/05/2021 15:42

Este restaurante de Vigo, o Othilio, prepara as mesas para dar comidas ao mediodía. Todo está reservado. Tamén para as ceas deste sábado. Xa se publicou no DOG o novo horario. Ata a unha da mañá en lugar de ata as once.

Menos contentos están os responsables dos bares e cafeterías que ven ampliado o seu horario ata as once da noite.

No DOG aparece publicada a orde que regula, que xa está regulando o sector hostaleiro galego. Porque aínda que o estado de alarma decae ás doce o novo horario para os nosos bares e restaurantes está xa en vigor desde as seis desta mañá. A orde terá efecto ata o 22 de maio.