A hostalería asiste a unha fuga da man de obra a outros sectores
Nun restaurante levan dende xuño buscando dous empregados para completar o equipo de cociña, pero non conseguen atopar.
"Despois de poñer anuncios no periódico non encontramos persoal, é moi difícil", di Manuel García, o propietario do restaurante.
Javier rexenta varios restaurantes ten unha situación similar. No seu caso conseguiu cubrir a metade das vacantes.
Os peches e as restricións ás que obrigou a pandemia trouxeron consigo a fuga de traballadores.
"Eu penso que houbo unha porcentaxe bastante alto que cambiou de sector", o hostaleiro Javier Míguez.
Pero a pandemia non é o único motivo. Os hostaleiros cren que as condicións do traballao no sector non convencen a todo o mundo.
"En hostalería hai que traballar fins de semana e hai xente que se foi a sectores máis fáciles", explica o hostaleiro Manuel García.
Os hostaleiros estiman que un 20 % dos seus antigos empregados agora mesmo traballan noutros sectores.