CRTVG

Buscar

A hostalería pide a ampliación de horarios para todas as licenzas

Publicado o 06/05/2021 20:16

A hostalería afronta un paso máis cara á nova normalidade. A dos restaurantes abertos ata a unha da madrugada é a que encabeza o proceso de recuperación do sector.

O servizo de ceas representa arredor do 70 % da conta de ingresos dos locais da zona histórica viguesa. Para bares e cafeterías, a ampliación horaria ata as once significa recuperar unha parte da quenda de noite.

Continúa vixente a obriga do uso de medidores de CO2 para controlar a calidade do aire no interior, onde as reunións seguen sendo de máximo catro persoas; seis no exterior. A cabida depende do nivel de restrición rexente en cada concello.