CRTVG

Buscar

A hostalería do Salnés pecha en protesta polas limitacións fronte á covid

Publicado o 11/07/2021 15:04

A hostalería do Salnés pechou este domingo en sinal de protesta polas restricions fronte á covid. A comarca está de novo no nivel alto e os bares e restaurantes vense afectados. Basi Susiu é hostaleiro na comarca e pide que "se cambien os criterios para poder traballar". 

Os hostaleiros insisten en que cumpren as normas e son seguros. Ángeles Martínez, hostaleira, explica que "desinfectamos, limpamos, seguridade... temos de todo". 

Algúns veciños e turistas respaldan o peche mentres que outros cren que o mellor é seguir coas limitacións.

Os que non secundan o peche son os bares a pé de praia, que na súa maioría, seguen atendendo clientes.

Noticias web

11/07/2021