CRTVG

Buscar

A hostalería amplía horarios e ocupacións en case toda Galicia

Publicado o 19/03/2021 17:04

Terrazas cheas e con distancia, dende primeira hora da mañá e ata as 9 da noite. A hostalería amplia hoxe horarios en case toda Galicia.

Na rúa hai opinións encontradas. A maioría quere gozar dos bares sen présas.Pero tamén hai quen ten medo a un aumento dos contaxios.

Para o que agardar un pouco máis é para poder cear nos restaurantes. Cesáreo Pardal, Presidente do Clúster do Turismo de Galicia, di que confía en que se podan ampliar os horarios ata as 22:30 despois de Semana Santa. 

A ocupación tamén se amplía hoxe en case toda a comunidade ata o 50% no interior dos locais e ata o 75% nas terrazas.

Noticias web

19/03/2021