A hostalería afronta o mes de peche con resignación e pesimismo
Publicado o 05/11/2020 15:28
O sector da hostalería é o máis afectado pola novas restricións, que o obrigan a pechar.
Serven os últimos cafés antes de ter que pechar. Os hostaleiros insisten en que cumpren todas as medidas de hixiene e tratan de reinventarse.
O turismo rural, con moito peso en Galicia, tamén está baixo mínimos. O sector turístico cruza os dedos e agarda salvar a campaña do Nadal. Piden axudas directas.
Os comercios poden seguir abertos coa metade de ocupación. Na rúa hai quen xa está canso. E tamén quen cre que é a única saída.
Por diante queda un mes para sumar esforzos entre todos fronte ao virus.