A hostalaría en Galicia pode recuperar nunha semana o 100 % da ocupación
Publicado o 17/10/2021 19:45
Nunha semana a hostalaría galega podería recuperar os niveis de ocupacións previas á pandemia.
O asunto estará presente na xuntanza que o vindeiro martes vai manter o comité clínico que asesora a Xunta.
A idea do Goberno galego é recuperar a cabida ao 100 % en todos os casos que sexa posible e minimizar as restricións para o sector.
No caso do ocio nocturno considérase unha ampliación de horario ata as 4 da mañá e unha ocupación de ata o 75 %.