A hostalaría e o comercio deixan atrás unha ponte con cifras peores das previstas
Publicado o 09/12/2020 15:04

A reapertura da hostalaría na fin de semana da ponte da Constitución presentábase para hostaleiros e comerciantes como unha pequena inxección coa que ir recuperándose poco a poco despois dun mes coa reixa baixada, pero a realidade foi ben distinta.
O peche perimetral de Galicia e de moitos concellos da nosa comunidade deixaron as cidades sen visitantes e, en consecuencia, locais e comercios baleiros.
O balance deixa unhas cifras que hai tempo que non se recordan. O que máis notaron foi a ausencia de turistas de fóra, porque a xente da zona non adoita consumir do mesmo xeito.
Parece que as esperanzas de mellora nin sequera están postas no Nadal.
Moitos agardan poder sobrevivir ata o verán, pero as perspectivas non son boas.