CRTVG

Buscar

A honestidade é a calidade máis valorada nun líder polos galegos

Publicado o 01/07/2021 21:32

Oito de cada dez galegos valoran a honestidade como o principal rasgo dun líder. Nun contexto de incerteza pola pandemia, a desconfianza aos políticos en xeral chega ata 7 de cada 10, que non ven neles eses líderes aos que agarrarse.

Segundo datos do Observatorio Social para Galicia da Fundación Liderar con Sentido Comun, máis da metade dos galegos, ao ser preguntados por un líder para eles, sinalan persoas do seu círculo máis íntimo como os pais, seguidos de médicos ou profesores.

Sete de cada 10 galegos non ven os políticos actuais como líderes honestos e esa desconfianza nun contexto de pandemia aumenta a incerteza, que é claramente un dos principais problemas para os galegos na situación actual.

Arredor dun terzo dos galegos afrman non sentirse seguros de nada no contexto actual e case a metade sinalan que o que máis botan de menos e a súa vida social anterior á pandemia.

Noticias web

01/07/2021