CRTVG

Buscar

A histórica visita do Deportivo a Barreiro, o domingo ás 11.30, na G2

Publicado o 12/03/2021 19:14

Chega unha das citas da temporada. O partido máis agardado, a visita do Deportivo a Barreiro. "O que importa a día de hoxe é aceptar e asumir esa realidade. Nesta temporada tes que enfrontarte ao Celta B e con toda a humildade do mundo hai que ir alí e merece máis ca eles e gañar o partido", explica Rubén de la Barrera, adestrador herculino.

Os xogadores de Onésimo recibiron esta semana ánimos e consignas dos seus compañeiros do primeiro equipo como recoñece Lautaro: "Tanto coma pique non, eu diría máis ben ánimo porque obviamente eles quererían estar aquí vendo este partido, pero tócalles vivir outra situación por necesidades do club. Anímannos e incítannos a facermos un bo partido e gañar"

Máis aló do morbo o partido enfronta dous equipos que precisan a vitoria. Para de la Barrera: "O máis importante é a situación en que estamos e que nos obriga a gañar se queremos chegar á última xornada con opcións de chegarmos ao máximo que agora mesmo podemos aspirar e maior motivación ca esa non a imos atopar". Mentres que o xogador do Celta B Markel Lozano cre que "xogar contra o primeiro equipo do Depor sempre é algo bonito e o que nos dá gañar o partido, afrontalo ben é seguirmos aí arriba nos postos que queremos".

A cita cun partido histórico será o domingo ás 11 e media na segunda canle da Televisión de Galicia.

Noticias web

12/03/2021