CRTVG

Buscar

A histórica embarcación moañesa Tirán regresa esta temporada á Liga ACT

Publicado o 01/07/2021 15:26

A histórica embarcación de Moaña está de volta cos grandes. Tirán regresa esta temporada á Liga ACT.

E este sábado inaugura a temporada na bandeira Cidade da Coruña. Coma todos os anos, unha competición ofrecida pola G2.

O bloque do ascenso reforzouno con varias fichaxes de experiencia. Quizais a máis mediática, un patrón que estes anos estivo connosco de comentarista.

David Álvarez, patrón con moita experiencia. El é un dos poucos superviventes daquel Tirán que logrou as últimas bandeiras na ACT, aló polo 2013.

Unha liga onde económica e deportivamente mandan os clubs vascos; liga á que volve Tirán.

Noticias web

01/07/2021