CRTVG

Buscar

A historia de Quin, un can que escapou logo de ser adoptado, convértese en libro para axudar ás protectoras

Publicado o 01/07/2019 08:40

"Non deixarei de buscarte" é un libro no que nos contan unha historia real: a historia de Quin, un can adoptado na protectora de Lugo que, cando levaba seis meses coa súa nova familia, unha noite na que botaron fogos artificiais, escapou aterrado polo pánico que lle causan os estalos.

A súa familia non se quixo render e empezaron a usar as redes sociais para atopar a Quin. Cada día relataba a súa busca e eses relatos engancharon a case 4.000 persoas. Agora toda esa historia está recollida nun libro.

Hai persoas valentes que conseguen que o mundo vaia cambiando. E esther é unha delas.

Adoptou a Quin sabendo que na súa vida anterior só houbera miseria e maltrato. E cando o can fuxiu aterrado polos fogos artificiais decidiu que non quedaría de brazos cruzados laiando pola perda do animal. Había que atopalo si ou si.
 

Esther Rey, autora do libro : "O máis incrible de todo foi o camiño ata atopalo"

Esta é Alicia, a profesora que cada día lles facía un dictado aos seus alumnos cos relatos da busca de Quin. E os nenos aprendían a amar a ortografía a cambio de coñecer se a historia finalmente tería un final feliz

E dese encontro naceu a idea de plasmar os 42 días buscando a Quin nun libro que axude a educar en valores: no respecto, na resilencia, en contra do maltrato.
 

Noticias web

01/07/2019