Continúa a tensión entre os EUA e A China por unha posible guerra de divisas
Publicado o 06/08/2019 19:24

Alivio nos mercados financeiros despois de que A China decidira deter a caída do yuan. Os Estados Unidos insisten en acusar ese pais de manipular a súa divisa, pero abre unha porta á negociación.
Desde a Casa Branca aseguran que Trump está disposto a ser flexible na aplicación de aranceis aos produtos chineses, pero A China mantén suspendida, de momento, a compra de produtos agrícolas norteamericanos.
A aparente rebaixa da tensión comercial non impediu que as bolsas europeas pecharan con perdas. Entre elas, a española. O IBEX caeu un 0,9%.