CRTVG

Buscar

A Guarda e Boiro estrean restricións esta fin de semana

Publicado o 05/12/2020 14:41

Primeira fin de semana de restricións na Guarda. Este concello, dada a súa situación epidemiolóxica, está pechado perimetralmente tras incrementar o número de casos positivos, 37 nos últimos catorce días.

Hoxe aquí é día de feira. Por iso, as restricións notanse máis, Sobre todo, na hostalaría. Só abriran ata as cinco da tarde e con ocupación limitada.

Boiro tamén se une a eses concellos con restricións severas. Peche perimetral e limitacións na hostalaría polo aumento no número de casos.
Por iso, dende esta tarde comezarán a realizarse cribados voluntarios neste concello no que están citadas ao longo desta fin de semana unhas 3.500 persoas. Faranse no centro de saúde de Boiro pero tamén no hospital do Barbanza.
 

Noticias web

05/12/2020