A granxa de visóns de Santiago onde se detectou un gromo agarda instrucións sobre que facer cos animais
Publicado o 18/03/2021 15:19
Detectado un gromo de covid-19 nunha granxa de visóns de Santiago de Compostela con máis de seis mil animais. Preocupa, porque xa se sabe que os visóns son reservorios do virus.
Non é a primeira vez que detectan un gromo nunha granxa deste tipo; de feito, no pasado mes de xaneiro xa tiveran que sacrificar tres mil cen animais nunha explotación na Baña, semellante a esta, onde tamén detectaran un gromo de infección por coronavirus.
Así as cousas, nesta granxa de visóns, que ten máis de seis mil cincocentos animais, din que dende a Xunta non se puxeron en contacto aínda con eles para indicarlles que facer, pero dende a consellería confirman que o caso xa foi comunicado ao Ministerio de Agricultura.