CRTVG

Buscar

A gran temporada de Tapia chama a atención de grandes equipos europeos

Publicado o 15/02/2021 21:18

Renato Tapia é o medio defensivo máis cobizado. Desde o Perú preguntáronlle como lle senta ter pretendentes como o PSG, a Juventus e o Atlético de Madrid.

Con Coudet non fixo máis que medrar. Chegou en agosto procedente do Feyenoord. Ten 25 anos e admite que quere dar un paso adiante na súa carreira.

Ten contrato ata 2024 e unha cláusula de 30 millóns de euros. Miñambres asegurou tras o peche do último mercado que non houbo propostas firmes.

Tapia celebra a primeira do ano, contra o Elxe, e invita a mirar cara arriba. O Celta ten no horizonte unha operación suculenta pero, salvo que recupere o cedido Okay, carece doutro xogador que se achegue ás características de Tapia.

Noticias web

15/02/2021