A gota fría provoca anegamentos en varias localidades de Badaxoz
Publicado o 23/09/2021 13:27

A DINA que percorre boa parte da Península deixou esta noite chuvia torrencial que anegou varias localicades de Badaxoz. En lugares como Almendralejo, unha gran corrente de auga levou por diante coches e boa parte do mobiliario urbano.
A intensidade da chuvia obrigou a cortar numerosas estradas e o servizo meteorolóxico alertou de que está previsto que siga chovendo durante todo o día de hoxe.