CRTVG

Buscar

A gota fría continúa causando estragos en media España

Publicado o 23/09/2021 20:22

Graves inundacións en numerosas localidades andaluzas, dende Sevilla a Córdoba, pero, sobre todo, en Huelva. Estas son imaxes de Islantilla, onde a tromba de auga levou por diante numerosos vehículos e mesmo o teito de varias escolas. Vivíronse momentos de tensión pola enchente. A DANA golpeou tamén a localidade de Lepe, onde a riada deixou un regueiro de estragos e provocou a caída dun dos muros do campo de fútbol.

Tamén en Estremadura, onde intensa chuvia, tormentas e descargas eléctricas deixaron asolagamentos, por exemplo, en Almendralejo. Unha gran corrente de auga levou por diante coches e boa parte do mobiliario urbano. Centenares de incidencias con varias estradas pechadas e vehículos atrapados. Mesmo o tráfico ferroviario se viu tamén afectado.

No Levante foron a Comunidade Valenciana e as illas Baleares as máis golpeadas por este fenómeno meteorolóxico que se prevé comece a remitir a partir de mañá.

Noticias web

23/09/2021