CRTVG

Buscar

Cataluña suma durante as últimas 24 horas 1.226 novos positivos de COVID-19

Publicado o 18/07/2020 17:57


Cataluña suma durante as últimas 24 horas 1.226 novos positivos de COVID-19

Cataluña sumou durante as últimas 24 horas 1.226 novos positivos de COVID-19, dos que 133 corresponden á comarca do Segrià, 349 á cidade de Barcelona e 894 a toda a área metropolitana, un 73 % do total de contagios, segundo os datos difundidos este sábado polo Departamento de Saúde.

O conxunto da área Metropolitana de Barcelona, que comprende as rexións sanitarias de Barcelona, Metropolitana Norte e Metropoliana Sur, concentran 894 dos novos casos diagnosticados, é dicir, o 73 do total de novos positivos, dos que 349 déronse na capital catalá e 366 na rexión Metropolitana Sur, que inclúe a L'Hospitalet de Llobregat.

Segundo os datos difundidos hoxe polo Departamento de Saúde, o número total de casos positivos - PCR e anticorpos- acumulados desde o inicio da pandemia en Cataluña ascende a 81.932, o que supón 1.226 novos con respecto aos datos de onte.

 A Generalitat pídelles a dous millóns oitocentos mil cataláns que só saian da casa para o imprescindible.

Desde as nove da mañá deste sábado, en Barcelona e noutros doce municipios da área metropolitana as reunións de máis de dez persoas están prohibidas; a capacidade de bares e restaurantes, limitada ao 50%; as visitas as residencias de maiores, restrinxidas; e cines, teatros, locais de ocio noctuno e ximnasios, pechados.

Son obrigas impostas pola Generalitat que lograron a validación da xustiza.

Sen capacidade para convertelo en orde, O Govern tamén lle pide a xente que só saía da casa para o esencial e que non marche a outros lugares.

Algo que, á vista do tráfico, xa fixeron moitos onte, tras se anunciar as medidas.

Noticias web

18/07/2020