CRTVG

Buscar

A Generalitat estuda o operativo galego para unhas eleccións en pandemia

Publicado o 16/07/2020 15:23

Todo apunta a que Cataluña vai celebrar os seus propios comicios nun prazo breve, e que tamén estarán marcados pola Covid. A Generalitat podía escoller entre Euskadi ou Galicia para aprender do que se fixo o domingo... e, finalmente, optaron polo dispositivo galego.

Un equipo da Generalitat quixo comprobar as medidas de seguridade que a Xunta deseñou para evitar os riscos da pandemia na xornada electoral. Interesáronse pola disposición dos colexios, o reparto de material e a organización dese milleiro de volutarios que fixeron posible que a xornada rematara sen incidentes para todos os cidadáns que foron votar.

Asi o salientou Alfonso Rueda, que volveu pedirllle ao Goberno central que faga todo o posible para que o voto do exterior chegue o luns ao reconto: "Nós o que insistimo é que, cando menos, sexan localizados os votos da xente que votou. Hai tempo e pedimos que se intesifiquen por parte do Ministerio de Asusntos Exteriores, sobre todo, porque se fala de moitos votos depositados en consulados, e despois tamén de Correos".

Noticias web

16/07/2020