A Generalitat defende o seu reconto dos datos da pandemia
O informe de Sanidade do xoves non recolleu os datos da pandemia en Cataluña por dificultades para validar a información. E este venres, a comunidade notificou tres mortos, pero no seu cómputo total de falecidos reflectiu 635 máis que o día anterior, tras sumar decesos de xornadas previas.
Fernando Simón dixo que non saber o que está pasando en Cataluña non é unha cuestión menor e que van estar moi pendentes. O director do Centro de Alarmas indicou que as incongruencias nos datos veñen asociadas a unha zona concreta da comunidade. Explicou que o paso de fase de Cataluña decidiuse en base aos informes que lles remitiron a principios de semana, pero que se persiste a confusión nas cifras poden ter problemas para seguir avanzando fases.
A Generalitat defende o seu reconto. Asegura que publica cada día todos os datos e que estes mostran a evolución esperada. Di que o Ministerio só lles pide parte deses datos e subliña que non hai ningunha zona concreta na comunidade que estea empeorando.