A gasolina Premium alcanza prezos históricos en Portugal
Publicado o 14/10/2021 16:44
Continúa a suba dos prezos do combustible en Portugal e fan historia. Nalgunhas estacións de servizo do país a gasolina mesmo superou os dous euros o litro. Nunca en Portugal un combustible alcanzara este prezo que podemos ver nesta estación de servizo de Vila Nova de Gaia, é a máis proxima a Galicia a dous euros o litro. Ben é certo que se trata da gasolina Premium, pero aínda así hai alerta entre os usuarios e sobre todo os camioneiros, que temen unha nova paralización do transporte de mercadorías como xa acontecera no 2019.
Portugal é dos países europeos con maior carga fiscal sobre os carburantes e no que vai de ano os prezos subiron 36 veces.