CRTVG

Buscar

A Garda Civil trata de esclarecer as causas do crime de Soutomaior

Publicado o 23/08/2020 21:36

Mañá, con toda probabilidade, pasará a disposición xudicial o único detido polo crime de Soutomaior. Mentres, a Garda Civil trata de esclarecer as causas que levaron o home de 52 anos a matar a súa irmá e a súa sobriña cunha arma para que non tiña licenza. A relación entre eles non era boa, pero ninguén neste concello pontevedrés sospeitaba que puidese producirse un desenlace tan tráxico.

Os veciños viviron hoxe o segundo, e último, día de loito oficial decretado polo Goberno local.



 

Noticias web

23/08/2020