CRTVG

Buscar

A Garda Civil quere acabar cos avisos de radares e controis a través dos móbiles

Publicado o 31/05/2021 14:35

En Galicia, preto de 400.000 persoas utilizan aplicacións móbiles que avisan sobre a presenza de controis nas estradas. Dende a Garda Civil resulta complicado detectar o seu uso, pero decidiron iniciar unha batalla contra elas facendo controis máis curtos, dinámicos e simultáneos para que os condutores non teñan tempo de coñecer a súa localización. Tamén fan un chamamento aos usuarios alertando de que con estas aplicacións non só estamos avisando de controis policiais. 

Moitos condutores ven con bos ollos estas aplicacións porque, din, é unha ferramenta útil para garantir a seguridade nas estradas. Pola súa parte, a Fiscalía considera que o uso destas aplicacións móbiles atenta contra a seguridade e quere que o seu uso sexa tipificado como delito. 

 

Noticias web

31/05/2021