CRTVG

Buscar

A Garda Civil desprega tres oficinas móbiles para atención de peregrinos en Galicia

Publicado o 09/07/2021 14:26

Unha parella da Garda Civil e unha axente da Xendarmería francesa atenden unha oficina móbil de atención a peregrinos. Desprázanse polo Camiño de Santiago na provincia da Coruña e hai outras coa mesma función na de Pontevedra e na de Lugo. Sara Rodríguez,  Garda civil da oficina móbil de atención ao peregrino doi que "o que requiren de nós son auxilios sanitarios, temos un botiquín para cousas sinxelas, e tamén para informarse de albergues, de locais de hostalería para poñer o selo na cartilla do peregrino".

Nesta ocasión é unha axente de Xendarmes de Francia, quen personifica a cooperación internacional neste labor, pero tamén hai ou haberá de Portugal, Alemaña, Gran Bretaña e Brasil. O coche é unha oficina rodante coa vantaxe da proximidade aos camiñantes. Así os gardas poden acudir axiña se alguén pide axuda a través da aplicación que permite a xeolocalización conectada coa Garda Civil.

Sara Rodríguez explica que "é unha aplicación que se chama "AlertCops" e dentro dela hai unha función que é "Guardián Benemérito", que posúe unha función específica para maior coidado e control dos peregrinos e para acrecentar a seguridade dos peregrinos. Permite, se se quere, a xeolocalización, co que con só premer un botón se se ve nun apuro. Ademáis posibilítalles denunciar ou informar de algo que consideren que debemos saber".

Noticias web

09/07/2021