CRTVG

Buscar

A familia de Elisa Abruñedo agarda que a investigación da Garda Civil dea resultados

Publicado o 08/04/2021 15:19

Adrián ten postas as súas esperanzas na Garda Civil. Os investigadores seguen traballando para tratar de identificar o autor do crime da súa nai, unha veciña de Cabanas de 46 anos de idade.

Desde hai varios meses, están a realizar un cribado masivo de ADN, aleatorio e voluntario, entre os veciños dos concellos da área de Ferrol.

"É para desbotar sospeitosos que teñan eles. Fanlles probas aos varóns e algún cromosoma ou algo que dea e tirar por aí. Se é familiar dalgún, terá que saltar algunha alerta", explica Adrián Fernández Abruñedo, o fillo maior da vítima.

Unha alerta que lle permitiría á Garda Civil avanzar nas liñas de investigación coas que traballa.

"Temos a esperanza de que acabe caendo nalgún momento. Esperamos que digan foi este, pero con probas", engade Adrián. Di que non lle vale unha cabeza de turco.

O corpo sen vida da súa nai apareceu no monte, preto dunha estrada a 400 metros da súa vivenda. Elisa Abruñedo, aquela tarde do 1 de setembro de 2013 saíra soa dar o seu habitual paseo pola contorna da casa e xa non regresou.

 

Noticias web

08/04/2021