A Garda Civil sanciona dous irmáns de 44 e 47 anos por bailar disfrazados na rúa nunha vila de Burgos
A Garda Civil denunciou dous irmáns que aparecen en varios vídeos disfrazados e bailando na rúa. Foi en Las Merindades, unha vila de Burgos. Os denunciados son dous irmáns de 44 e 47 anos de idade, por incumprir a orde de prohibición de circulación a pé, rachando coa corentena que estable o estado de Alarma decretado polo Goberno central.
A Garda Civil tivo coñecemento da existencia de tres vídeos en que aparecía primeiro un home de xeito individual, e despois acompañado dunha muller. O home aparecía caracterizado e parodiando determinados famosos, cantando e bailando en plena rúa.
As imaxes están gravadas a plena luz, saltando o confinamento que de xeito solidario e xeneralizado están cumprindo os cidadáns en España.
Tras identificados, a Garda Civil impúxolles unha sanción por desobediencia, que no seu grao mínimo podería supoñer unha multa duns 600 euros.
Un dos individuos foi sancionado dobremente porque, malia coñecer a prohibición de circular pola vía pública e ser apercibido por saltala, volveu saír de novo á rúa para repetir o espectáculo.