CRTVG

Buscar

A Garda Civil rexistra de novo a casa do pai das nenas desaparecidas en Tenerife

Publicado o 03/05/2021 14:21
A Garda Civil rexistra de novo a casa do pai das nenas desaparecidas en Tenerife

Axentes da Garda Civil regresaron á casa do pai das dúas nenas desaparecidas en Tenerife logo que apareceran algúns indicios de que puido matalas alí. Nunha primeira inspección visual levada a cabo o xoves da semana pasada, a Garda Civil atopou algunhas evidencias de que Tomás Gimeno, de 38 anos, puido matar no interior da casa a Ana e Olivia. De momento, séguense buscando no mar os corpos das nenas e os investigadores tratan de reconstruír os movementos do pai a partir do sinal do seu teléfono móbil.