A Garda Civil rescata dous bebés abandonados dun coche a pleno sol en Mahón
Publicado o 01/07/2019 21:43
Un bebé dun mes e outro dun ano foron rescatados do vehículo onde se atopaban nun aparcadoiro dun supermercado en Mahón. Dous gardas civís fóra de servizo deron con eles suando no interior do coche sen que ninguén estivese ao seu cargo. A Policia Nacional tivo que romper as ventás do automóbil para evitar que os meniños sufrisen un golpe de calor. Cando apareceron os seus pais explicaron que estaban durmindo e non querían despertalos.