CRTVG

Buscar

A Garda Civil requisa 2,4 toneladas de sardiña na lonxa de Portosín

Publicado o 21/06/2019 20:18
A Garda Civil requisa 2,4 toneladas de sardiña na lonxa de Portosín

A Garda Civil da Coruña requisou algo máis de 2,4 toneladas de sardiña con erros na etiquetaxe na lonxa coruñesa de Portosín, ao non estar garantida a súa trazabilidade.

Os feitos ocorreron durante a inspección realizada nos almacéns desta instalación, dentro dos controis da campaña da sardiña e a escasos días da celebración do San Xoán. Os efectivos localizaron nun dos almacéns sesenta caixas de sardiña paletizada con etiquetas de pesada e trazabilidade. Con todo, tras proceder ao pesado, a cantidade non concordaba co apuntado nas etiquetas, polo que foi incautada.

No segundo dos almacéns atoparon dous palets con 48 caixas de sardiña cada un, aos que un empregado colocou tres etiquetas de pesada durante a inspección. Os pesos apuntados tamén eran diferentes dos reais, polo que se procedeu á súa incautación. As sardiñas foron depositadas nunha cámara frigorífica para a súa posterior entrega a un centro benéfico.

Noticias web

21/06/2019