A Garda Civil prendeu un veciño do Corgo por conducir sen carné cando acudía a un xuízo polo mesmo motivo
Publicado o 22/09/2021 15:13

A Garda Civil prendeu un veciño do Corgo por conducir sen carné cando acudía a un xuízo en Lugo polo mesmo motivo. É dicir, por guiar un coche sen permiso de condución.
Os feitos producíronse cando o detido, de 19 anos, circulaba pola autovía A-6 en dirección aos xulgados lucenses. Os axentes de Tráfico, coñecedores da súa situación, déronlle o alto, pero o condutor non se detivo. Finalmente, foi arrestado tras estacionar no aparcadoiro do HULA.