CRTVG

Buscar

Piden colaboración para atopar os donos dos obxectos roubados por unha banda na zona de Santiago

Publicado o 11/10/2021 09:08

A Garda Civil pide colaboración cidadá para dar cos propietarios do botín do que se incautaron a unha banda dedicada a roubar en vivendas da comarca de Santiago. Os axentes detiveron catro persoas na operación Popcorn, iniciada  polo incremento dos delitos de roubo e furto na área de Santiago nos últimos meses. No transcurso da investigación, a Garda Civil constatou que a maioría dos delitos se realizaron co mesmo modus operandi: tras un recoñecemento previo do lugar e a identificación dos posibles obxectivos, accedían a eles en horario nocturno e subtraían distintos efectos, ferramentas, mobles, aparellos electrónicos ou útiles de xardinería, chegando a provocar en ocasións incendios forestais na zona para desviar a atención das forzas de seguridade mentres actuaban. O instituto armado logrou a identificación plena dos presuntos autores, tres veciños de Brión e outro de Ponteceso.

 

Noticias web

11/10/2021