CRTVG

Buscar

A Garda Civil non pode iniciar unha investigación sobre o lume da Casa Carniceiro de Perillo

Publicado o 17/07/2020 15:23

Esta mañá aínda saía fume da coñecida como Casa Carniceiro, de Perillo. Unha vivenda modernista que sufriu importantes danos tras o incendio das últimas horas.

"Toda a parte superior da vivenda estaba en lapas porque o interior era todo de madeira", explica Juan Suárez, coordinador de Emerxencias de Oleiros.

"Había unha carga importante de calor e lume", engade Alejandro García, o xefe dos bombeiros de Arteixo.

Os efectivos de Emerxencias de Oleiros, canda os bombeiros de Arteixo e Betanzos, traballaron arreo para poder controlar o incendio. As lapas mesmo sobrepasaban o tellado.

"Foi horrible. As lapas chegaban ao sexto...", comenta unha veciña.

Os veciños do edificio lindeiro tiveron que ser desaloxados. En total, 32 vivendas.

A Garda Civil asegura que neste inmoble non residía ninguén.

Noticias web

17/07/2020