CRTVG

Buscar

A Garda Civil localiza o camioneiro que supostamente atropelou unha muller en Ordes

Publicado o 09/08/2021 10:19

A Garda Civil localizou ao camioneiro que supostamente atropelou co seu vehículo de forma mortal a unha muller na autoestrada AP-9, á altura da área de Servizo de Ordes, segundo informaron fontes da investigación.

O home, de 43 anos, que abandonou o lugar do accidente, foi investigado como suposto autor dun delito de homicidio con imprudencia grave. Os feitos ocorreron o pasado venres, cando un camión atropelou nunha área de servizo unha muller de 49 anos. Cando chegaron os servizos sanitarios só puideron certificar a súa morte.

A Garda Civil remitiu as dilixencias ao Xulgado de Instrución número 1 de Ordes, que é o encargado de levar o caso. Segundo a reconstrución dos feitos, a muller baixara dun coche estacionado na área de servizo xusto cando pasou o camión, que a atropelou e mesmo a levou enganchada varios metros ata o punto onde apareceu, na beira do carril de aceleración para incorporarse á autoestrada.




Noticias web

09/08/2021