A Garda Civil investiga outra liorta entre menores nun instituto de Carballo
Segunda liorta en menos dunha semana nun centro de ensino no concello de Carballo. Desta volta é a Garda Civil quen investiga os feitos, que ao parecer teñen a súa orixe nun enfrontamento previo nas redes sociais.
A pelexa produciuse no interior do instituto de educación secundaria Monte Neme de Carballo. Malia que inicialmente son 3 alumnos os implicados, todo apunta que hai outras 5 persoas, outros 5 menores alleos ao centro involucrados.
Ao parecer, a pelexa desencadenouse por presuntas ameazas previas a través das redes sociais que xa están a ser investigadas pola Garda Civil tras a denuncia interposta por lesións por un dos implicados.
Esta é a segunda pelexa que se produce en menos dunha semana en centros educativos do concello, logo de que o pasado día 15 se rexistrase un enfrontamento entre 5 mozas no instituto Alfredo Brañas.