A Garda Civil investiga doce persoas tras desmantelar varias plantacións de droga no Baixo Miño

A Garda Civil investiga un veciño de Tui, de 66 anos, como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras descubrir unha plantación de marihuana, onde se incautaron de preto de 400 plantas de cánnabis e de 300 gramos de xemas dispostas para a súa distribución.
Os axentes atoparon nunha leira do concello de Tui unhas instalacións con toda a infraestrutura precisa para o cultivo das plantas de marihuana, así como para o cultivo vertical de cánnabis. No mesmo ámbito de actuacións, e case de xeito simultáneo, requisaron outras sete plantacións de marihuana, cinco delas en Tomiño, unha no Rosal e outra en Tui.
Nestas intervencións aprehenderon medio cento de plantas e investigan penalmente once persoas polo mesmo delito de tráfico de drogas.