CRTVG

Buscar

A Garda Civil intervén case 5 toneladas de haxix a unha organización en Almería

Publicado o 22/08/2021 11:21
A Garda Civil intervén case 5 toneladas de haxix a unha organización en Almería

A Garda Civil aprehendeu case 5 toneladas de haxix en poder dunha organización asentada en Almería. A operación permitiu deter 8 integrantes da banda e 6 vehículos. Entre os arrestados está o líder da rede, pertencentes a unha organización criminal que introducía grandes cantidades de haxix con embarcacións de recreo polas costas de Almería.

Tamén se interviñeron máis de 50.000 euros en efectivo, equipos electrónicos e de comunicación. A investigación comezou en abril cando varios membros da rede levantaron sospeitas dos axentes no porto deportivo Almerimar no Ejido.

Un seguimento dun furgón permitiu localizar no interior tras interceptalo, 59 paquetes de haxix con 1.770 quilos da droga. As pescudas permitiron deter outras cinco persoas que ían descargar a droga e as investigacións seguen para dar co resto da organización delituosa.














 

Noticias web

22/08/2021