CRTVG

Buscar

Intensifican os controis de mobilidade nas principais vías de acceso a Galicia

Publicado o 13/06/2020 21:41

Acceder ás zonas máis turísticas só está permitido polo momento para quen viva na nosa comunidade. Por iso a Garda Civil incrementou os controis nesta fin de semana. A Garda Civil intensifica esta fin de semana, a última da fase 3 en Galicia, os controis de mobilidade nas principais vías de acceso á comunidade, a primeira que o luns culminará a desescalada tras o confinamento polo coronavirus.

Os axentes establecen puntos de control das restricións de mobilidade entre comunidades nas vías principais e secundarias, especialmente nas zonas próximas aos límites con Zamora, León e Asturias, así como nos accesos ás zonas turísticas coma esta do Salnés. Do mesmo xeito, os medios de transporte de viaxeiros por estrada serán obxecto de inspección para comprobar que se respectan as medidas establecidas.


 

Noticias web

13/06/2020