CRTVG

Buscar

A Garda Civil incautouse no Porriño dunha plantación de marihuana

Publicado o 05/09/2020 22:49

A Garda Civil incautouse no Porriño dunha plantación de marihuana. Investigan un veciño deste concello como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de droga. Os axentes aprehenderon 25 plantas de gran tamaño nunha leira e, no interior dun alpendre anexo, outras corenta e oito plantas e trescentos gramos de cogollos dispostos para distribuír e vender.

O espazo contaba coa infraestrutura necesaria para este tipo de cultivo cun sistema de rega sofisticado, ventilación, iluminación e temperatura capaz de acelerar o crecemento das plantas. O seu propietario ten antecedentes por tráfico de drogas e o Xulgado de Instrución de garda no Porriño fíxose cargo das dilixencias. No que vai de ano a Garda Civil realizou en Pontevedra 25 incautacións de marihuana nas que aprehenderon máis de 3.400 plantas.
 

Noticias web

05/09/2020