CRTVG

Buscar

A Garda Civil identifica tres persoas acusadas de intentar estafar peregrinos facéndose pasar por unha ONG

Publicado o 24/08/2021 22:01

A Garda Civil identificou 3 persoas -2 mulleres e un home- aos que acusan de intentar estafar peregrinos facéndose pasar por membros dunha ONG.

A alerta chegou precisamente dun garda civil fora de servizo que facía o camiño de Santiago e que contactou coa Comandancia da Coruña para avisar da presenza de dúas mulleres que abordaban a peregrinos en Arzúa solicitándolle a súa colaboración económica cunha suposta organización benéfica.

Foron os axentes dunha das oficinas móbiles de atención ao peregrino os que lograron identificar os supostos estafadores. Os 3 contan con numerosos antecedentes penais por feitos similares.

De feito, é o segundo caso parecido en menos de dúas semanas no Camiño Francés, logo de que hai uns días a Garda Civil denunciara un grupo de estafadores que abordaban a peregrinos facéndose pasar tamén por voluntarios dunha ONG.

Noticias web

24/08/2021