CRTVG

Buscar

A Garda Civil expón en Ourense obxectos roubados en 40 asaltos

Publicado o 25/06/2021 14:22

A operación bautizouse como operación Veracruz. A Garda Civil desartellou unha banda á que se lle imputan 40 roubos con forza, tráfico de drogas e branqueo de capitais. 

"Era unha banda perfectamente organizada. Uns marcaban o obxectivo e outros entraban. Sempre empregaban o mesmo método: marcaban o lugar onde pensaban que podía haber xoias de valor, quitaban a pechadura, roubaban e colocábanas no mercado rápido", afirma Sonia Salgado, voceira da Garda Civil de Ourense.

Os obxectos están expostos e identificados cun número de serie. Os afectados polos roubos foron avisados polos axentes. Poden achegarse a Ourense para recuperar as súas pertenzas. 

"Deben achegarse por aquí hoxe ou mañá, traer unha copia da denuncia e se recoñecen os obxetos entregaríanselles despois dunha revisión xudicial", comenta Sonia Salgado. 

A banda actuou nas catro provincias galegas e en León. A operación desenvolveuse en abril, pero os axentes cren que pode haber pezas doutros asaltos cometidos desde xaneiro.

Noticias web

25/06/2021