A Garda Civil estende a aplicación Alertcops a todas as rutas xacobeas
A Garda Civil mellora a funcionalidade de Gardián na aplicación Alertcops en todos os treitos dos camiños a Santiago. Aos xa existentes Camiño francés e mozárabe, incorpóranse os camiños de Galicia, do Norte e os do Centro-Vía da Prata ata cubrir así a protección dos peregrinos 4.000 quilómetros no seu conxunto.
A app de Interior ofrece así unha cobertura integral a todo o trazado do Camiño de Santiago en demarcación territorial da Garda Civil. Previa descarga e activación do "Gardián do Camiño de Santiago", o peregrino accede á funcionalidade que lle proporciona atención as 24 horas do día desde os centros operativos, verificación dos seus últimos xeoposicionamentos en caso de extravío e chamadas e alertas localizadas en tempo real ao 062. Todo dispoñible en sete idiomas.
Os peregrinos recibirán unha mensaxe xeoposicionada de benvida ao Camiño con consellos de seguridade cando accedan á demarcación da Garda Civil que transcorre pola ruta xacobea elixida.
A Garda Civil lembra, que entre os medios para mellorar a protección dos peregrinos que transitan por España cara a Santiago figura na súa web entre outras recomendacións de seguridade o "Decálogo sobre usos e consellos para o bo peregrino".