CRTVG

Buscar

A Garda Civil detivo un pontevedrés por, supostamente, contratar uns sicarios para matar á súa exparella

Publicado o 24/12/2020 18:04

A Garda Civil detivo un pontevedrés por, supostamente, contratar uns sicarios para matar á súa exparella. As pescudas comezaron a raíz dunha denuncia dun medio de comunicación británico sobre estafas a través das redes profundas da Internet.

O presunto autor pagara 15.000 euros en bitcoins para que acabasen coa vida da súa exmuller simulando un accidente. O home pasou a disposición xudicial en Caldas de Reis e no rexistro do seu domicilio, os axentes incautáronse de diverso material informático.

Noticias web

24/12/2020