CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén tres persoas en Boiro acusadas de tráfico de droga

Publicado o 02/06/2021 12:51
A Garda Civil detén tres persoas en Boiro acusadas de tráfico de droga

Desartellado un punto de venda de drogas no concello coruñés da Pobra do Caramiñal. A Garda Civil detivo tres veciños de Boiro por un presunto delito contra a saúde pública.

Os axentes seguíronlles a pista durante meses ata confirmar que en efecto comerciaban con heroína, cocaína, marihuana e haxix desde un domicilio da Pobra. Daquela pediron unha orde xudicial para efectuar un rexistro que permitira atopar as probas para poder detelos e levalos ante o xuíz.

Na vivenda atoparon tamén unha arma de aire comprimido sen a documentación pertinente, así como útiles para pesar, manipular e cortar as substancias estupefacientes.

Noticias web

02/06/2021