CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén un camioneiro co tacógrafo trucado tras auxilialo por unha avaría

Publicado o 02/04/2020 14:45

A Garda Civil, durante un dispositivo establecido na estrada DP-3006 na Zapateira, na Coruña, acabou detendo un transportista de mercadorías que levaba o tacógrafo manipulado.

Os axentes despregaron un control para verificar o cumprimento das medidas de limitación de circulación. O camioneiro detivo o vehículo, segundo dixo por unha avaría, e cando os axentes foron comprobar o estado do mesmo descubriron que  tiña instalado un dispositivo para anular datos como a velocidade, a distancia percorrida e os tempo de descanso. 

Ademais, o camión levaba un exceso de peso do 11 por cento.

O condutor foi detido por falsidade documental e posto a disposición do xuíz. O camión foi inmobiilizado.