CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén tres persoas que se facían pasar por proxenetas

Publicado o 11/08/2021 19:21
A Garda Civil detén tres persoas que se facían pasar por proxenetas

A Garda Civil detén tres persoas que se facían pasar por proxenetas. Os encontros non se producían, pero extorsionaban os clientes para que lles pagasen.

A través das redes sociais ofrecían falsas citas sexuais. Intimidaban os clientes e chegaban a pedirlles máis de mil euros polo falso servizo.

Os proxenetas simulados levaban meses delinquindo. Hai denuncias presentadas na Coruña, Madrid, Tenerife ou Valencia.


 

Noticias web

11/08/2021