CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén seis persoas por cultivaren marihuana en camións

Publicado o 28/06/2021 08:42
A Garda Civil detén seis persoas por cultivaren marihuana en camións

A Garda Civil desartellou unha banda que presuntamente cultivaba marihuana en remolques de camións. As  forzas de seguridade detiveron seis persoas no marco desta operación, que se desenvolveu en Salamanca, Zamora e Valladolid. Os axentes incautáronse de 781 plantas, material para o seu cultivo e os dous remolques que utilizaban para as plantacións de marihuana. Tamén recuperaron unha arma de fogo roubada no ano 2017.

Noticias web

28/06/2021