CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén cinco homes por un presunto abuso sexual sobre unha muller nunha praia de Cullera, en Valencia

Publicado o 23/06/2019 14:31

A Garda Civil detivo cinco homes por un presunto abuso sexual a unha muller nunha praia da localidade de Cullera, en Valencia.

A muller denunciou que hai unha semana cando saía dun areal naturista un grupo de homes increpouna supostamente con frases vexatorias de tipo sexual e que cando pasou diante deles foi vitima dun delito de abuso sexual.

A vítima tamén denunciou un intento posterior de atropelo. Finalmente a Garda Civil conseguiu identificar e deter os presuntos abusadores.

 

Noticias web

23/06/2019