CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén a Sinaí Giménez nun control en Salamanca con haxix e cocaína

Publicado o 15/05/2019 21:29
A Garda Civil detén a Sinaí Giménez nun control en Salamanca con haxix e cocaína

Axentes da Garda Civil detiveron en Salamanca a Sinaí Giménez e outros tres residentes en Pontevedra con droga oculta no coche. Viaxaban nun vehículo con tres quilos de haxix e un gramo de cocaína ocultos nun dobre fondo.

Foron detectados cando se achegaban a un control antidrogas, cando os axentes se deron conta de que, desde o coche, tiraban fóra unha mochila.

Están acusados un delito contra a saúde pública por tráfico de substancias estupefacientes.

Noticias web

15/05/2019